Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martín de la Puente métese por primeira vez en semifinais do Open de Australia

Martín de la Puente métese por primeira vez en semifinais do Open de Australia

Xogará co gran favorito ao título, o actual número un do mundo e campión olímpico en París, o xaponés Tokito Oda

Tamén estará en semifinais no cadro de dobres

G24.gal 22/01/2025 11:52 Última actualización 22/01/2025 13:58

O tenista español Martín de la Puente xa está en semifinais do torneo de cadeira do Open de Australia despois de superar en cuartos de final ao xaponés Daisuke Arai por 6-3 e 6-2. De la Puente, terceiro cabeza de serie do torneo, impuxo a súa condición de favorito ante o xaponés e cimentou a súa vitoria no seu acerto ao servizo e, sobre todo, ao resto, xa que aproveitou catro das sete bólas de break que tivo para selar o seu pase por primeira vez ás semifinais do Grand Slam australiano.

Unhas semifinais nas que o vigués xogará co gran favorito ao título, o actual número uno do mundo e campión olímpico en París, o xaponés Tokito Oda, que accedeu a semifinais tras arrasar ao seu compatriota Takashi Sandada por 6-1 e 6-0.

De la Puente tamén estará en semifinais no cadro de dobres de tenis en cadeira, onde forma parella co neerlandés Ruben Spaargaren, tras superar no seu partido de cuartos de final á dupla formada polo estadounidense Casey Ratzlaff e o xaponés Takashi Sandada por un dobre 6-4.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade