Jessica Bouzas lidera a selección española cara á fase final da Billie Jean King
A tenista vilagarciá foi decisiva gañando os dous partidos inviduais diante do Brasil e da República Checa

A tenista vilagarciá Jessica Bouzas foi decisiva na clasificación de España para a Final a Oito da Billie Jean King Cup. A selección española únese á China, Italia, Ucraína, Gran Bretaña e Kazaxistán para xogar a fase decisiva do torneo que se disputará do 16 ao 21 de setembro en Shenzhen.
España deu unha das grandes sorpresas desta fase ao eliminar á República Checa sen a presenza da súa número un, Paula Badosa. Colleu a remuda a galega Jessica Bouzas que resultou decisiva. Gañou o seu individual diante do Brasil, nunha eliminatoria que resolveron con relativa comodidade. Tamén gañaron ese duelo as checas co que todo se decidía no enfrontamento directo e co factor pista a prol da República Checa pois xogábase en Ostrava.
Cristina Bucsa derrotou a Marie Bouzkova por 7-5 e 6-1 no primeiro encontro. Jessica Bouzas tiña a oportunidade de rematar a faena e xogou un gran partido para derrotara por 6-4 e 5-2 a Linda Noskova. As dúas vitorias déronlle o pase á selección española e fixeron que o dobre resultara un trámite.