Cargando resultados...
Sorprendente derrota de Carlos Alcaraz na estrea en Miami diante de Goffin
O murciano perdeu en tres mangas, e queda fóra dun torneo que gañou en 2022
Foto: EFE
G24.gal
22/03/2025 14:49
Mala estrea de Carlos Alcaraz no Aberto de Miami. Caeu no primeiro partido ante o belga David Goffin. Unha sorpresa.
É a primeira derrota de Alcaraz este ano ante un rival que non forma parte do top 30 da clasificación mundial. Goffin é o número 55 do mundo. Pero fixo un grande encontro e impúxose por 5-7, 6-4 e 6-3. Tirou de técnica, estivo inaccesible no saque, de paciencia e limitou erros para levar o partido ante un Alcaraz, número tres, que conquistara este torneo en 2022.