Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Peleteiro, medalla de bronce nos mundiais de Atletismo de Nanjing

Ana Peleteiro, medalla de bronce nos mundiais de Atletismo de Nanjing

Fixo un mellor salto de 14,29m, superada polas cubanas Pérez e Povea

É a súa terceira medalla de bronce mundial en pista cuberta, despois das de 2018 e 2024

Foto: EFE
G24.gal 22/03/2025 12:21

Ana Peleteiro segue colleitando metais nas grandes competiciones. Despois do ouro europero en pista cuberta de hai unhas semanas, esta mañá acadou un bronce, o terceiro, nos mundiais de Nanjing, tamén en pista cuberta.

O concurso comezou con esixencia, e cun alto nivel por parte das finalistas, que estableceron axiña as súas mellores marcas. O primeiro intento de Ana Peleteiro foi de 14,24m, o que a levaba ao terceiro posto despois de que a cubana Leyanis Pérez saltase 14,93m. Tamén foi mellor o intento da tamén cubana Liadagmis Povea, con 14,56 

Quedaba toda a final por diante e a ribeirense, que deixou máis de 20 centímetros á táboa nese primeiro salto, buscou arriscar para asaltar os chanzos superiores do podio. O segundo salto foi de 14,29, algo máis longo, pero que non lle permitía escalar posicións.

No terceiro intento igualaba exactamente a súa mellor marca, volvendo saltar 14,39m. Ningunha das súas rivais directas melloraba a súa marca (Leyanis Pérez decidía descansar nesta rolda, e Povéa facía nulo) así que Peleteiro mantiña a terceira praa á medade do concurso.

A cuarta rolda de saltos non deixou novidades importantes, máis sló de que a campioa Olímpica, Thea Lafond, saltaba 14,01 e metíase na cuarta praza. Neste intento renunciou Povea, mentres Ana Peleteiro saltaba 14,02m.

Ao quinto intento pasaron as 8 primeiras atletas. Nesa rolda, ningunha das participantes conseguiu mellorar, aínda que o salto de 13,94 de Maja Askag serviulle para recuperar o 4º posto por diante de Thea Lafond. Ana Peleteiro fixo outro salto válido, desta volta de 14,10m.

E así chegouse ao 6º e último salto. Lafond saltou 14,18m o seu mellor intento, pero quedou a 11 centímetros de Peleteiro e, polo tanto, das medallas. Logo do salto nulo de Askag, a galega xa tiña asegurado o metal, e un último intento para intentar subir no podio. Foi un salto nulo, que aseguraba esa medalla de bronce.

 

foto: @atletismoRFEA
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade