Ana Peleteiro loitará polas medallas nos Europeos de Atletismo
No segundo salto superou a barreira dos catorce metros e conseguiu a clasificación pola vía rápida

Ana Peleteiro loitará pola medalla no Campionato de Europa de Atletismo. A saltadora de Ribeira meteuse na final pola vía rápida. No segundo intento superou a marca mínima dos catorce metros cun salto de 14,14. Peleteiro quedou a oito centímetros nun primeiro salto no que non quixo arriscar (quedou a 36 centímetros da raia de salto), pero no segundo intento non perdoou.
🏃♀️Atletismo l Europeo PC🇳🇱
— DEPORTE OLÍMPICO (@depominoritario) March 6, 2025
Ana Peleteiro🇪🇸 A LA FINAAAL DE TRIPLE SALTO CON 14.14m
🔸Clasificación muy cómoda de Ana que buscará mañana a las 18.50 su segundo título europeo bajo techo ¡VAMOOOS!pic.twitter.com/OvSbhZIgx1
Este venres comezará o seu concurso ás 18:50 horas. "Vou polo ouro", dixo Peleteiro, que non esconde as súas intencións o máis mínimo. Aos seus 29 anos e despois de cambiar de adestrador e poñerse ás ordes do seu home, Benjamin Campaoré, agarda lograr o maior éxito no concurso continental.