Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aniversario feliz para Giráldez como adestrador do Celta

Aniversario feliz para Giráldez como adestrador do Celta

Esta semana cúmprese un ano da destitución de Benítez e unha remuda no banco vigués que cambiou o presente e o futuro da entidade no eido deportivo

G24.gal 10/03/2025 20:24

Esta semana o Celta celebra un ano da chegada de Claudio Giráldez ó Primeiro equipo. O que parecía unha decisión arriscada rebelouse como un feliz acerto case desde o minuto un. Debut con vitoria en Sevilla e declaración de intencións coa aposta polos xóvenes, incluída a estrea de Damián en Primeira.

O que veu despois foi a permanencia e a prolongación dun idilio con Balaídos, cimentado no xogo valente e na presenza crecente da canteira. Nestes 12 meses Giraldez só cedeu tres derrotas na casa en 19 partidos. E aínda que fallan os números fóra, este Celta ten 36 puntos con 11 xornadas por diante, so Berizzo e Unzué sumaban máis a estas alturas.

O Celta atravesa o mellor momento da temporada, con cinco partidos sen perder. Agora visita Valladolid. Despois recibe As Palmas. Quedan quince puntos en xogo en Balaídos, onde a troula semella estar sempre garantida. Só falta que Giraldez dea a licenza para pensar en Europa.

Os seus números

Claudio dirixiu neste ano 41 partidos no Celta entre Liga e Copa. O balance é positivo, con 18 vitorias (44%), 8 empates e 15 derrotas. Na época moderna só Víctor Fernández, cunha porcentaxe de vitorias do 45% ou Javier Irureta, cun 50%, acreditan mellores números que o porriñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade