Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os irmáns Chamosa danlle brillo á marcha galega

Os irmáns Chamosa danlle brillo á marcha galega

Antía gañou a proba dos 35 km na categoría feminina e Daniel foi prata na proba masculina

G24.gal 10/03/2025 20:19

Primeiro título absoluto nun campionato de España en ruta para Antía Chamosa. O seu rexistro, 2.44.50, deulle o ouro nos 35 quilómetros marcha e tamén a mínima para o mundial de Toquio. É a cuarta mellor marca española da historia e sitúaa de segunda no ránking mundial do ano.

O primeiro en felicitar a Antía, na meta, foi seu irmán. Daniel estaba dobremente feliz, minutos antes el tamén conseguía unha medalla como subcampión de España na mesma distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade