Menéndez: "A situación é dificilísima, pero non imos baixar os brazos"
O técnico racinguista lamentou a falta de gol dos seus xogadores
Á hora de valorar o partido dos ferroláns fronte ao Granada, Alejandro Menéndez destacou que o Rácing, que caeu 3-0 ante o Granada, arrincou ben o partido:
"Nos primeiros 25 ou 30 primeiros minutos do partido estivemos ben, tivemos dúas ou tres boas transicións en ataque para poñernos por diante no marcador, aínda que non foi así. Posteriormente, chegaron os dous goles do Granada que creo que son evitables, faltounos contundencia. Por tanto, todo ese bo traballo no arranque do encontro quedou na nada"
Menéndez, que moitas veces falou de progresión no xogo deste equipo, sinalou os problemas ofensivos.
"Facemos moitas cousas ben, aínda que o gran problema é que non somos daniños nas áreas. Na área propia non nos impoñemos".
En canto a en que ten que crer o equipo a partir de agora, o técnico asturiano sinalou que non están resignados.
"Para o equipo, xa o dixen outras veces, a situación é dificilísima, pero non imos baixar os brazos, imos xogar o partido do Éibar dispostos a lograr unha vitoria e despois o mesmo no de Málaga".