Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menéndez observa unha "evolución boísima e grande" no mes que leva no banco

Menéndez observa unha "evolución boísima e grande" no mes que leva no banco

O Huesca, rival dos galegos, suma 13 partidos sen coñecer a derrota, o mellor rexistro da historia do club aragonés no fútbol profesional

G24.gal 27/02/2025 14:00 Última actualización 27/02/2025 14:08

O Rácing afronta cada partido como a última oportunidade de reengancharse á loita pola permanencia. E é que o equipo galego só suma 22 puntos e está a 11 do Burgos, que marca a zona de salvación.

A dificultade de ver portería foi un dos maiores lastres dos ferroláns que apenas anotou 17 goles e é o equipo menos goleador da categoría.

Con todo, Alejandro Menéndez observa unha clara evolución no mes que leva no banco.

"A evolución é boísima. Unha evolución en defensa e en ataque, o equipo medra, con máis ferramentas no campo".

"A evolución é grande".

O Huesca afronta o partido coa ilusión de regresar aos postos de ascenso directo e de seguir ampliando unha serie que xa suma 13 partidos sen coñecer a derrota, o mellor rexistro da historia do club aragonés no fútbol profesional. Farao se consegue a vitoria e non o fai o Oviedo na súa partida fronte ao Deportivo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos