Cargando resultados...
O Senado insta o Goberno a poñer en marcha as obras da autovía da Mariña neste 2025
O PP denuncia que non se investiron os 4 millóns comprometidos nos presupostos para a A-74

G24.gal
10/03/2025 20:23
Última actualización 10/03/2025 20:34
A Comisión de Transportes do Senado aprobou esta tarde unha moción do Partido Popular para instar o Goberno a que inicien durante este ano as obras en todos os tramos da autovía da Mariña, a A-74.
A moción saíu adiante sen ningún voto en contra, cos 17 do PP e con 13 abstencións, incluída a do PSOE.
Os populares acusaron o Goberno de non executar nin un euro dos 4 millóns comprometidos nos presupostos para esta infraestrutura.