Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Senado aproba unha moción do PP para esixirlle ao Goberno que presente presupostos

O Senado aproba unha moción do PP para esixirlle ao Goberno que presente presupostos

PP, Vox e UPN votaron a favor e Junts, PNV, Compromís e Más Madrid abstivéronse

G24.gal 22/04/2025 19:27 Última actualización 22/04/2025 19:58

O Senado aprobou  unha moción do Partido Popular en que lle esixe ao Goberno que presente o proxecto de lei de presupostos e o someta á votación das Cortes.

Saíu adiante coa maioría absoluta do PP e co apoio de Vox e UPN e a abstención de Junts, PNV, Compromís e Más Madrid.

Os populares argumentan que o Goberno está obrigado pola Constitución a presentar as contas públicas e que non facelo é, din, inaceptable.

Así o expresaba María Arenales Serrano, senadora do PP: "É un deber constitucional, márcao explicita e taxativamente o artigo 134 da Constitución. E fala de deber, non é unha opción, é unha obriga".

María Amparo Marco, senadora do PSOE, respondeulle:  "A vicepresidenta Montero xa dixo no Senado que a intención do Goberno é presentar os presupostos, pero téñenos que aprobar os grupos parlamentarios, e para iso fai falta consenso e, sobre todo, sentido de Estado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade