Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volver ao rego das vitorias na casa, crucial para as aspiracións europeas do Celta

Volver ao rego das vitorias na casa, crucial para as aspiracións europeas do Celta

O empate diante das Palmas e a derrota co Español freou a gran serie de resultados que puxo entre os oito primeiros o equipo de Claudio Giráldez

O Vilarreal (mércores, 19:00 horas) tamén pon en xogo un posto na Champions, moi presionado polo Betis

G24.gal 22/04/2025 19:47

Nova xornada de liga para o Celta, este mércores chega a Balaídos o Vilarreal (19:00 horas). Os de Marcelino ocupan postos de Liga de Campións. O Celta quere volver gañar na casa e seguir na loita polas prazas europeas. Na previa, Claudio Giráldez, mostrouse ambicioso. Sabendo que os deberes están feitos, cre que toca desfrutar.

Claudio quere que esa rabia pola derrota no partido diante do Barcelona se traduza en certezas para derrotar o Vilarreal en Balaídos. Igual que sucedera na ida, volven atoparse tres días despois de disputar outro encontro. O adestrador confirmou que Starfelt non entra na convocatoria, pero non dá pistas sobre a aliñación. Fer López podería ser unha das novidades. 

Tras perder co Espanyol e empatar coas Palmas, o Celta necesita sumar de tres en Balaídos se a próxima temporada quere xogar en Europa. Os vigueses non gañan na casa dende o 8 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade