Davor Cutura, destituído como adestrador do Novás tres meses e medio despois da súa fichaxe
A entidade presidida por Andrés Senra xustifica o cesamento do exxogador pola necesidade de atopar “un cambio de rumbo” a falta de tres xornadas para a conclusión da fase regular

O serbio Davor Cutura, actual adestrador de Letonia, foi destituído como adestrador do Acanor Atlético Novás, tan só tres meses e medio despois da súa fichaxe polo club galego para substituír a César Armán.
A entidade presidida por Andrés Senra xustifica o cesamento do ex-xogador pola necesidade de atopar "un cambio de rumbo" a falta de tres xornadas para a conclusión da fase regular da División de Honra Prata.
Nestes momentos, o Novás é penúltimo con 16 puntos, a catro da salvación que marca o Balonmán Sevilla, ao que recibe esta fin de semana no Rosal, onde Carlos Rodríguez e Víctor Armán, os elixidos para substituír a Cutura, debutarán como técnicos do primeiro equipo.
Davor Čutura e Nano Martínez finalizan a súa andadura ao fronte do Valinox Novás.
— Valinox Novás (@atleticonovas) April 21, 2025
Chegados en decembro co fin de levantar o rumbo do plantel, a directiva decidiu poñer punto e final a falta de tres xornadas ⏳⚠️ pic.twitter.com/efNHjHeWhn