Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Díaz anuncia a súa retirada ao final de tempada

Javi Díaz anuncia a súa retirada ao final de tempada

Quería cumprir o seu soño de retirarse no Novás, onde se formou como xogador

G24.gal 15/02/2024 15:54 Última actualización 15/02/2024 15:57

O porteiro Javi Díaz anunciou este xoves a súa retirada do balonmán profesional ao final da tempada 2023-24, cando acaba o seu contrato co Valinox Atlético Novás, ao que regresou o pasado verán despois de 23 tempadas e 650 partidos na máxima categoría con sete equipos distintos.

“Este 30 de maio será a última vez que recolla as notas da tempada. Toca escoitar ao corpo e saber que dixo basta. Sempre dixen que o día que non gozase disto da pelotita deixaríao e vexo que está a chegar ese momento”, escribiu o lendario porteiro galego na súa carta de despedida.

Javi Díaz, de 48 anos, pechou en maio de 2023 a súa etapa na elite do balonmán español coa camiseta do Frigoríficos do Morrazo, despois de pasar por BM Chapela, Academia Octavio, Teucro, Teka Cantabria, Villa de Aranda e Atlético Valladolid.

Quería cumprir o seu soño de retirarse no Novás, onde se formou como xogador.

“Non vou nomear clubs, nin directivos, nin adestradores nin compañeiros porque seguro que me esquecerei dalgún. A todos só dicirlles que moitísimas grazas”, sinala Díaz, que agradece aos seus pais os “sacrificios” que fixeron para que el cumprise o seu soño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade