Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas e o Novás poñen en xogo o pase a final a oito da copa

O Cangas e o Novás poñen en xogo o pase a final a oito da copa

O Frigoríficos do Morrazo leva dúas temporadas seguidas meténdose na fase final da Copa

O Novás busca buscan unha fazaña: eliminar o Granollers

G24.gal 10/04/2024 15:32 Última actualización 10/04/2024 15:45

O Frigoríficos do Morrazo leva dúas temporadas seguidas meténdose na fase final da Copa. O Gatañal agarda por outro billete. Hai dez días o Ademar León visitou Cangas na Liga e perdeu. Hoxe toca Copa.

Moyano: "Somos conscientes de quen temos diante. Gañámoslles hai pouco. É difícil repetir".

Difícil, mais dende novembro o Frigoríficos do Morrazo non perde no Gatañal.

Hai Copa tamén no Rosal. Alí buscan unha fazaña maior: eliminar o Granollers.

Pablo Castro: "Estamos moi ilusionados pero hai que ser realistas".

Só hai dous equipos da categoría de prata que seguen na Copa. Un é o Valinox Novás. Hoxe O Rosal agarda por un dos grandes do balonmán español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade