Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas perde na pista do Bidasoa (30-24) nun mal final de partido

O Cangas perde na pista do Bidasoa (30-24) nun mal final de partido

Os cangueses mantivéronse no partido, pero condenounos un parcial de 5-0 no momento decisivo

Foto: Arrate Morales
G24.gal 27/10/2024 10:04

O Balonmán Cangas tivo opcións de traer algo positivo dunha pista complicada, a do Bidasoa, pero acabou cedendo ao empuxe dos locais no treito decisivo.

Os de Nacho Moyano non entraron ben no partido, cun primeiro parcial de 5 a 2 co que os locais se sentiron cómodos durante toda a primeira metade. Malia a todo, aguantaron a desvantaxe ata o 17 a 14 no descanso. A volta de pausa, mantívose o intercambio anotador, con desvantaxes que nunca superaban os cinco goles. Ata o treito final. 

Logo de colocarse 24-22 a falta de menos de nove minutos cun tanto de Juan Carlos Quintas, o Bidasoa apertou, e acadou un parcial de 5-0 que xa resultou definitivo. Ao final, 30-24 cun Gorka Nieto infalible, cos seus sete lanzamentos anotados sen erro. Pola parte galega, o máximo realizador foi Max Thymann, que non estivo atinado desde os 9 metros.

A derrota impídelles aos cangueses fuxir da zona perigosa da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade