Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lewandowski deixa en evidencia a Mbappé no Clásico (0-4)

Lewandowski deixa en evidencia a Mbappé no Clásico (0-4)

O Barcelona derrota ao Real Madrid no Bernabéu cun dobrete do polaco, un gol de Lamine Yamal e outro de Raphinha

G24.gal 26/10/2024 22:42

O Barcelona humillou ao Real Madrid no Santiago Bernabéu. Gañou por 0-4 e logrou unha goleada para a historia con especial protagonismo para Robert Lewandowski. O polaco marcou os dous primeiros goles do partido ao comezo da segunda parte e deixou na lona un Real Madrid que tivo o seu momento na primeira parte. 

Porque ata o descanso o encontro foi igualado. Mbappé mesmo marcou un gol que lle foi anulado por fóra de xogo na revisión do VAR. Foi a xogada que puido cambiar o devir do partido. O Barcelona non perdoou na súa, e nun abrir e pechar de ollos encamiñou o triunfo. Xogando á contra os de Flick acabaron por rematar a tarefa. Lamine Yamal e Raphinha puxeron o definitivo 0-4, unha goleada que reafirma o bo momento polo que pasa un Barcelona que deixa o Real Madrid a seis puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade