Iniesta, emocionado ante a súa retirada: "Nunca pensei que chegaría este día"
Iniesta, emocionado ante a súa retirada: "Nunca pensei que chegaría este día"
Conseguiu 32 títulos durante as 17 tempadas que estivo no Barça, entre eles, 4 Champions League
Foi autor do gol que lle deu a España Mundial de 2010 en Sudáfrica
O centrocampista internacional, Andrés Iniesta, confesou moi emocionado que nunca pensou "que chegaría este día", no acto da súa retirada como futbolista profesional no antigo cinema IMAX do Port Vell de Barcelona.
"Supoño que me permitiredes que me emocione hoxe. Pero son bágoas de emoción, de orgullo, non de tristeza. Son as bágoas dese neno de Fuentealbilla que tiña o soño de ser futbolista profesional. E conseguino, con moito traballo e moitísimo esforzo", afirmou ao comezo do acto.
Con só 12 anos chegou á Masia desde a súa Fuentealbilla natal (Albacete). Custoulle adaptarse ao seu novo club, pero con el conseguiu 32 títulos durante as 17 tempadas que estivo no Barça, entre eles, 4 Champions League.
Aínda que un dos momentos máis icónicos do centrocampista foi o gol co que Iniesta no minuto 116 proclamou á Selección Española de Fútbol campioa do Mundial de 2010 en Suráfrica.