Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pai de Lamine Yamal, acoitelado en Mataró

O pai de Lamine Yamal, acoitelado en Mataró

Os Mossos d'Esquadra informan da detención de tres persoas en relación a esta agresión, que se produciu nun aparcadoiro

O pai do futbolista do F. C. Barcelona permanece ingresado nun hospital de Badalona

Mounir Nasraoui celebra co seu fillo a vitoria de España na pasada Eurocopa (Mathias Bergeld/Zuma Press) Mounir Nasraoui celebra co seu fillo a vitoria de España na pasada Eurocopa (Mathias Bergeld/Zuma Press)
G24.gal 14/08/2024 23:08 Última actualización 15/08/2024 10:39

Mounir Nasraoui, o pai do xogador internacional do F. C. Barcelona Lamine Yamal, foi acoitelado este mércores nun aparcamento do barrio de Rocafonda de Mataró (Barcelona), informaron fontes próximas á investigación.

Nasraoui sufriu unha agresión por arma branca e foi trasladado ao hospital universitario de Badalona, Can Ruti, con feridas de diversa consideración. 

Os Mossos d'Esquadra fixéronse cargo da investigación desta agresión ao pai do futbolista azulgrá, na que participarían varias persoas, e xa practicaron varias detencións en relación con este suceso.

En concreto son tres os detidos, acuados de tentativa de homicidio. Os tres permanecen nas dependencias da comisaría dos Mossos d'Esquadra de Mataró á espera de pasar a disposición xudicial.

Fontes policiais aseguran que a investigación segue aberta e non se descarta a implicación de máis persoas.

Segundo o testemuño dalgúns veciños da zona que citados pola prensa catalá, o pai de Yamal foi increpado por uns individuos cando paseaba ao seu can, o que motivou un primeiro enfrontamento no que incluso chegou a intervir a policía local. 

Nas redes sociais circula un vídeo gravado por veciños da zona no que se ve unha intervención da Policía Local de Mataró tras un altercado entre varios homes e Mounir Nasraoui, que explica aos axentes que o agredían.

Horas máis tarde, pasadas as nove da noite, foi cando se produciu a agresión con arma branca que lle deixou lesións no torso e os brazos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar