Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maquinaria ofensiva do Barcelona acaba cun gran Cangas (45-38)

A maquinaria ofensiva do Barcelona acaba cun gran Cangas (45-38)

O equipo galego xogou a bo nivel e ao descanso só perdía por dous goles

G24.gal 12/10/2024 19:14

O Cangas Frigórificos do Morrazo perdeu na pista do poderoso Barcelona nun partido de marcado carácter ofensivo (45-38). Ningún dos conxuntos especulou e, con este ritmo anotador é moi complicado facerlle fronte a un dos mellores equipos do mundo. 

O Cangas conseguiuno durante o primeiro tempo. Ao descanso chegouse con vitoria catalana por só dous goles (19-17). O Barça pegou o tirón nos primeiros dez minutos da reanudación (29-22) e foi aumentando a vantaxe ata acadar nove goles de vantaxe. Ao final a diferenza foi de sete (45-38). 

No Barcelona os goleadores estiveron moi repartidos con Dika Mem con 6 goles como máximo realizador. No Cangas destacou a achega ofensiva de Rubén Río (7 tantos). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos