O Cangas pasa rolda tras perder a renda da primeira parte pero sentenciar tras o descanso
O Cangas pasa rolda tras perder a renda da primeira parte pero sentenciar tras o descanso
Non houbo sorpresa e será o Frigoríficos do Morrazo quen estea na segunda rolda de Copa
Non houbo sorpresa e será o Balonmán Cangas quen estea na segunda rolda de Copa tras superar onte con claridade no Rosal ao Valinox Novás, ao que de novo volveu faltar folgos na segunda parte. Porque a primeira, a pesar de que os cangueses quixeron marcar distancias, terminou cun axustado 12-13 que animaba aos afeccionados rosaleiros presentes.
O arranque da segunda marcou distancias. Houbo un 0-4 de parcial para que os homes de Nacho Moyano recuperasen a iniciativa no xogo, xa que no marcador non a perdían.
A sangría local continuou ata que o parcial foi de 2-10 (14-23, min.41). Xa non había opción á sorpresa. Iso si, o Novás mantivo a compostura para reducir a distancia final.