Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezaoito adegas da Ruta do Viño Rías Baixas organizan visitas durante a vendima

Dezaoito adegas da Ruta do Viño Rías Baixas organizan visitas durante a vendima

Catro das dezaoito adegas pemítenlles aos visitantes participar na colleita

G24.gal 14/09/2024 21:09 Última actualización 14/09/2024 22:03

Gorros para protexérense do sol e tesoiras e caixas para apañar os acios. Son un grupo de turistas que se preparan para participar na vendima nunha adega do Rosal.

"Vimos dos Estados Unidos, é a primeira vez que fago isto".

Antes de comezar a colleita, reciben as últimas instrucións. Catro adegas da Ruta do Viño das Rías Baixas organizan visitas coma esta para vivir a vendima en primeira persoa. 

"Ver o procesado da uva desde que entra na adega ata que se converte en mosto e logo en viño, no noso viño Terras Gauda, e tamén se queren facelo poden cortar, facer a colleita da uva, a selección no viñedo, vivir en primeira persoa o que é unha vendima", explica Begoña Santamaría, responsable do departamento de Enoturismo da adega Terras Gauda.

E o que hai detrás, ademais de traballo, son as variedades coas que elaboran os viños: o caíño branco, o loureiro e o albariño.

"Coñecer os diferentes tipos de uva e o sabor de cada unha delas, e poder gozar coa experiencia que un ten o viño que toma", di unha participante na visita.

Cunha cata de viños rematou a visita. Mentes, nas viñas da adega seguían traballando, a piques de cumprir xa a primeira semana de vendima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade