A vendima de Valdeorras remata con máis de oito millóns de quilos de uva apañada
A vendima de Valdeorras remata con máis de oito millóns de quilos de uva apañada
O 75 % da uva producida por esta denominación de orixe é da variedade godello
A vendima de Valdeorras deste ano logrou unhas cifras de récord; acaban de rematar os traballos con máis de oito millóns de quilos de uva apañados, o 75 % godello. As adegas están convencidas que os viños deste 2024 serán premiados pola súa excelente calidade.
Os viños de Valdeorras están en auxe, tal e como de demostran as cifras, o consumidor demanda e os produtores responderon. Valdeorras foi a primeira denominación de orixe galega en empezar a vendimar, este ano con 50 hectáreas máis inscritas.
Tras unha fermentación de libro, din, nesta adega fixeron a semana pasada o descobre da colleita e están coa crianza de lías. No ano novo atoparemos estes caldos no mercado.