No día mundial do enoturismo a Ribeira Sacra reivindica a contorna e os viños
No día mundial do enoturismo a Ribeira Sacra reivindica a contorna e os viños
Os visitantes valoran a paisaxe da zona e os caldos que se cultivan en socalcos
A paisaxe atrae cada ano máis turistas
A Ribeira Sacra é máis que un destino turístico e unha zona de produción vinícola. É unha paisaxe singular modelada pola cultura do viño desde o tempo dos romanos e que logo mantiveron os monxes. Sacarlle partido ao terreo supón esforzo e tamén recoñecemento porque se trata dun dos lugares máis valorado polos visitantes.
No día dedicado ao enoturismo nesta adega teñen programada unha visita. Aquí o impulso do turismo a través do viño levan anos practicándoo. Logo de coñecer as instalacións toca facer o mesmo co viño. Fano cunha degustación e unha cata comentada. Antes de continuar o percorrido, indagamos sobre a importancia da paisaxe no viño.
Son anos de traballo o que hai detrás desta contorna e deste viño, que conxuntamente atraen cada ano a milleiros de turistas á Ribeira Sacra.