Morre afogado un home nunha piscina particular do Rosal
Morre afogado un home nunha piscina particular do Rosal
Un familiar do finado chamou a Emerxencias para alertar de que atopara a vítima flotando no interior da piscina
Un home faleceu nunha piscina particular do Rosal (Pontevedra), segundo informa o 112 Galicia.
Un familiar do finado chamou a Emerxencias para alertar de que atopara a vítima flotando no interior da piscina, situada nunha vivenda particular de Estrada Pancenteo, no Rosal.
Rapidamente, conseguiron sacalo da auga e procederon a realizarlle manobras de reanimación, pero sen éxito.
O persoal sanitario que se desprazou ao lugar confirmou finalmente o seu falecemento.
No operativo tamén participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES e a Policía local da Guarda, así como a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal.
Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil para investigar as circunstancias que rodean o suceso.