Presentado Omar Sherif, unha das fichaxes estrela do Cangas
Presentado Omar Sherif, unha das fichaxes estrela do Cangas
O internacional exipcio de 22 anos e 1,97 metros perdeuse a pretemporada por lesión
O Balonmán Cangas presentou este mércores a un das súas grandes fichaxes para competir na Asobal 24-25. Trátase do pivote internacional por Exipto, Omar Sherif, de 22 anos e 1.97 metros de estatura. Chega procedente do Bledio Sinfín, ao que chegou en febreiro de 2022 e co que anotou 75 tantos en ano e medio, a pesar de perder varios encontros por lesión.
Sherif non puido realizar pretemporada cos seus compañeiros por unha lesión no pé pero xa dispón da alta médica.
Recoñece que elixiu Cangas "por adestrar con Nacho Moyano e xogar no mellor pavillón da Asobal como é O Gatañal". O africano xa ten nova casa e atópase moi cómodo na localidade do Morrazo.
Pola súa banda, o seu adestrador ve a Omar como "un xogador Cangas, que comparte os nosos valores e é moi completo, con garra, ímpeto e coraxe".