Rubén Río chega ao Cangas
Rubén Río chega ao Cangas
O lateral dereito procede do Balonmán Cuenca, onde a pasada tempada anotou 50 goles
Trátase da cuarta incorporación para os do Morrazo
O Frigoríficos do Morrazo está a prepararse para desputar a súa décimo terceira tempada consecutiva na Liga Asobal. E para iso conta agora con Rubén Río. O lateral dereito de 27 anos chega a Cangas disposto a resarcirse logo dun curso marcado polas lesións.
Acaba de anotar 50 goles co Balonmán Cuenca, ao que axudou a obter a permanencia. Co lanzamento exterior como a súa principal arma, Río foi membro do equipo español que venceu no Campionato de Europa júnior en 2016, e que repetiu a fazaña a nivel mundial no 2017.
O Cangas suma a súa cuarta incorporación, coa que agarda acadar o obxectivo de seguir competindo na máxima categoría do balonmán español.