Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas perde pola mínima en Puente Genil (35-34)

O Cangas perde pola mínima en Puente Genil (35-34)

Cruel desenlace do partido, que deixa o equipo galego cun só punto na táboa

Foto: @enjeinequenada
G24.gal 28/09/2024 22:24

O Frigoríficos do Morrazo perdeu pola mínima na súa visita ao Puente Genil. O partido foi moi igualado, aínda que os locais foron case sempre por díante no marcador.

Segundo se achagaba o final, o conxunto galego foi igualando o resultado e mantivo as súas opcións nun último minuto ao que se chegou cun 34 a 33 no marcador. Pero un gol de Keita sentenciou. O último tanto de Gallardo deixou o marcador no 35 a 34 final.

O Cangas queda cun punto na clasificación logo de tres xornadas disputadas, despois de acadar un empate e de perder os outros dous partidos por un so gol de diferenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade