Cargando resultados...
Pablo Longo resolve para o Bergantiños nun final trepidante
Pablo Longo resolve para o Bergantiños nun final trepidante
Nos últimos quince minutos chegaron os tres goles do partido (2-1)
G24.gal
26/10/2024 23:05
O Bergantiños continúa na zona alta da Segunda Federación grazas ao triunfo diante do Ávila por 2-1. Os tres goles chegaron no último cuarto de hora. O Bergantiños adiantouse grazas a un penalti transformado por Remeseiro. O Ávila empatou na seguinte xogada e, cando parecía que ía rematar o partido cun repartimento de puntos, apareceu o dianteiro asturiano Pablo Longo para conseguir o segundo.
Ben é certo que o equipo galego puido encamiñar moito antes o partido, xa que no primeiro tempo o colexiado anuloulle un gol a Pachón por un fóra de xogo inexistente. Os de Carballo quedan con 16 puntos, unha cifra moi boa para un recentemente ascendido.