Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños mereceu mellor sorte contra o Marbella (1-2)

O Bergantiños mereceu mellor sorte contra o Marbella (1-2)

Os de Carballo tiveron moitas máis ocasións que o seu rival, de categoría superior

G24.gal 30/10/2024 21:05

Gran partido o que realizou o Bergantiños fronte ao Marbella, pero foi o equipo de superior categoría o que levou a eliminatoria malia xerar moitas menos ocasións que o conxunto de Carballo (1-2).

A entrada dos de Jorge Cuesta resultou inmellorable, meteu na súa área os visitantes e xerou tres situacións de gol. Pero o Marbella foi letal nos seus achegamentos e Dorian marcou nos minutos 16 e 23, o segundo aproveitando un erro grave dos locais. Baixou un pouco a produción ofensiva vermella pero no treito final da primeira parte Ángel Bastos volveu estar moi preto do gol. 

O segundo tempo mantivo o dominio galego. Antes do minuto 65 Omar Ouhdadi atopaba o premio aos merecementos do Bergan recortando diferenzas. Mantiveron os de Jorge Cuesta o nivel de dominio e de ataque e estiveron moi preto de levar a eliminatoria á prórroga en dous intentos de Antañón e Remeseiro, pero ao final o Marbella superou a eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar