Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Valinox Novás dá a sorpresa tras eliminar o Porto Sagunto da Copa do Rei

O Valinox Novás dá a sorpresa tras eliminar o Porto Sagunto da Copa do Rei

O equipo do Rosal impúxose ao equipo da Asobal por 32-29

G24.gal 11/10/2023 12:33 Última actualización 11/10/2023 12:39

O Valinox Novás, conxunto da División de Honra Prata, protagonizou a primeira gran sorpresa da Copa do Rei, tras eliminar da competición ao Fertiberia Porto Sagunto, equipo da liga ASOBAL, ao impoñerse este martes por 32-29 ao conxunto valenciano.

Un triunfo en que xogou un papel fundamental o porteiro Héctor Gil, que con catro intervencións nos cinco minutos finais impediu a remonta do Porto Sagunto, que pareceu en disposición de evitar a sorpresa tras situarse a tan só un tanto (30-29) no marcador.

"Estes partidos gáñanse no minuto 60"

Pero Gil non estaba disposto a que o conxunto galego, que chegou ao últimos dez minutos de xogo cunha renda de catro goles (29-25), quedase sen premio e coas súas intervencións finais selou (32-29) a clasificación do equipo do Rosal para a segunda eliminatoria da Copa do Rei

Para o adestrador, César Armán, o papel dos seareiros foi clave

"A afección axudounos un montón, temos ese plus para os partidos axustados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade