Marcelino: "O Celta esixe moito en defensa porque xoga ben e acumula moita xente na liña de defensores"
Marcelino: "O Celta esixe moito en defensa porque xoga ben e acumula moita xente na liña de defensores"
O asturiano confirmou as baixas de Gerard Moreno, Álex Baena e Raúl Albiol por lesión, ademais da do sancionado Sergi Cardona
O adestrador do Vilarreal, Marcelino García Toral, asegurou este martes, en conferencia de prensa, que o nivel que está a mostrar o seu equipo nas últimas xornadas permítelle ser “moi optimista” para afrontar o partido de mañá ante o Celta e o tramo final do campionato.
O preparador asturiano mostrouse moi "orgulloso" polo rendemento ofensivo do seu equipo, aínda que lamentou que ese bo xogo non se transformou nunha cantidade maior de puntos nos últimos partidos. O técnico alertou de que o Vilarreal debe "mellorar os rexistros defensivos", xa que, indicou, será difícil volver gañar ao Celta recibindo tres goles, tal e como sucedeu na primeira volta no partido disputado no estadio da Cerámica.
"Debemos ser máis solventes cando non temos o balón. O Celta esíxeche moito en defensa porque xoga ben e acumula moita xente na última liña de defensores", explicou Marcelino.
Insistiu que as claves do partido poden estar en "defender ben os espazos e propoñer en ataque". Marcelino lembrou que se enfrontarán en Balaídos uno dos mellores locais da competición ante o segundo mellor visitante e destacou que o Vilarreal está a ter maior porcentaxe de acerto ofensivo a domicilio que no seu estadio.
O asturiano, que confirmou as baixas de Gerard Moreno, Álex Baena e Raúl Albiol por lesión, ademais da do sancionado Sergi Cardona, anunciou cambios na aliñación para dosificar os seus xogadores nunha semana con tres partidos de Liga.