Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Senado reproba a María Jesús Montero, ministra de Facenda

O Senado reproba a María Jesús Montero, ministra de Facenda

Montero é o quinto membro do goberno rexeitado pola Cámara Baixa

A senadora popular Alicia García cualificou a Montero como "a peor ministra de Facenda da democracia española"

Juan Espadas, senador socialista, tachou de "espectáculo dantesco" as sesións de control ao goberno polas "descualificacións" dos populares

María Jesús Montero, ministra de Facenda no Congreso dos Deputados. EFE/Javier Lizón. María Jesús Montero, ministra de Facenda no Congreso dos Deputados. EFE/Javier Lizón.
G24.gal 09/04/2025 14:00

O pleno do Senado debateu este mércores a reprobación da ministra de Facenda, María Jesús Montero, e a maioría absoluta do PP nesta Cámara garante que a vicepresidenta pase a ser este mércores o quinto membro do Goberno en ser rexeitado nesa sede parlamentaria.

Os ministros Bolaños, Marlaska, Puente e Albares, ademais do Fiscal Xeral de Estado, xa foron reprobados polo Senado.

“Montero debería dimitir ou ser cesada, pero como non o fan, reprobámola para frear o bochorno de padecer a peor ministra de Facenda da democracia española”, sinalou en defensa da moción a senadora popular Alicia García.

A senadora popular, Alicia García, na súa intervención na Cámara Baixa. EFE/Mariscal. A senadora popular, Alicia García, na súa intervención na Cámara Baixa. EFE/Mariscal.

A senadora acusou a Pedro Sánchez e á vicepresidenta María Jesús Montero de “estar en rebeldía constitucional”, sinalando os problemas do executivo para aprobar uns novos Presupostos Xerais do Estado. A popular aludiu tamén ás subidas de imposto, á condonación da débeda autonómica ou á ausencia de negociación do novo sistema de financiamento autonómico. 

A Montero recriminoulle a simultaneidade do seu cargo co de candidata en Andalucía. Finalmente, a senadora fíxose eco das críticas que a ministra fixo á absolución do futbolista Dani Alves, e púxoas como exemplo de falta de respecto á separación de poderes e á presunción de inocencia por parte da ministra.

O senador socialista Juan Espadas, desprazado como candidato socialista á Junta de Andalucía pola ministra, fixo unha firme defensa de Montero. Os senadores de Compromís - Sumar, Agrupación Socialista da Gomera e do PNV repocháronlle ao PP as reiteradas reprobacións do executivo de Sánchez.

Espadas espetoulle ao PP que “son vostedes os reprobables. Van vostedes camiño de que teñamos de poñer un punto do día fixo dedicado ás súas reprobacións. Xa van seis”. “Paréceme dantesco o espectáculo das sesións de control ao Goberno, sesións como a que vivimos onte, é demoledor, a crítica política debería ser compatible co respecto", continuou o socialista.

O senador socialista na súa defensa da ministra Montero ante o Senado. EFE/Mariscal. O senador socialista na súa defensa da ministra Montero ante o Senado. EFE/Mariscal.

"Pídolle á presidencia que sexa absolutamente tallante en cortar descualificacións que desacreditan a esta cámara”, lamentou.

“Estáselles acabando o xoguete”, prognosticou, antes de argumentar que “vostedes, que cualifican de vergoña a actuación do presidente do Tribunal Constitucional, quérenme dar leccións de separación de poderes. E despois de votar en contra, lamentan que non trouxese os obxectivos de déficit ou os orzamentos, que se prorrogan e dan oportunidade ao Goberno para afrontar a Dana ou os aranceis”, engadiu.

“A ministra pediu desculpas” polos seus comentarios ante a sentenza do futbolista Alves, “pero vostedes non a piden xamais, tampouco por pactar recortes en dereitos e igualdade, como fixeron coa ultradereita en Valencia”, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade