Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP ameaza con romper a negociación do decreto contra os aranceis se o Goberno "fai trampas"

O PP ameaza con romper a negociación do decreto contra os aranceis se o Goberno "fai trampas"

Os populares critican a garantía de proporcionalidade territorial incluída no decreto de axudas publicado este mércores no BOE

A ministra de Facenda pídelle ao PP que deixe de buscar "escusas" para votar en contra

Junts insiste en que pactou co Goberno o 25 % das axudas para Cataluña

G24.gal 09/04/2025 14:56

Este mércores entran en vigor as primeiras axudas destinadas ás empresas españolas máis expostas aos novos aranceis estadounidenses. Explicounas no Congreso o ministro de Economía, que pediu ao resto de partidos unidade para convalidar o decreto. 

Para Carlos Cuerpo, os aranceis de Donald Trump non son "recíprocos", senón "irracionais", polo que cabe esperar "un impacto económico negativo". Tampouco descarta que se vexa afectado, indirectamente, o sector turístico español.

O Goberno xa aprobou un primeiro decreto con axudas, na maior parte avais do ICO para que as empresas afectadas pidan créditos. O paquete ten que validarse no Congreso, por iso o ministro ofreceu "man tendida para todos xuntos seguir dando resposta a este enorme reto que temos por diante".

O voceiro económico do PP, Juan Bravo, asegurou que o seu partido seguirá negociando co ministerio un plan que, polo momento, consideran "insuficiente". Iso si, advertiu que "marcharán" se o Goberno "empeza a facernos trampas".

Alude así o PP ao anuncio feito por Junts. Din os de Puigdemont que acordaron co Goberno que o 25 % das axudas van ir para Cataluña. O Goberno nega un pacto de porcentaxes, pero o decreto si inclúe unha garantía de proporcionalidade territorial das axudas e esta cláusula parece afastar os votos do PP.

"Hoxe non estamos máis preto ca onte na posibilidade de aprobar ese decreto lei, que é un parche e non unha solución", asegurou Alberto Núñez Feijóo.

Cre o Goberno que o PP está buscando unha escusa para votar en contra do decreto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade