Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reacción do Eldense mantén a incerteza na zona baixa de Segunda

A reacción do Eldense mantén a incerteza na zona baixa de Segunda

O Deportivo é undécimo clasificado pero os últimos triunfos do equipo de Oltra encarecen a permanencia e están só a seis puntos do cadro coruñés

G24.gal 10/03/2025 21:57

A permanencia da Segunda División está moi cara. Con tres equipos nunha situación crítica (Rácing, Tenerife e Cartaxena) hai unha gran incerteza na cuarta praza de descenso. Con Oltra o Eldense (34 puntos) sumou dez dos últimos quince puntos e meteuse de cheo na pelexa pola permanencia. O Zaragoza (36 puntos) leva seis xornadas sen gañar e complicouse moito o seu futuro.

O mesmo que un Albacete que perdeu en Burgos e está con 37 puntos. Só sumou tres dos últimos doce puntos e o equipo de Alberto González tamén entrou nunha zona vermella da que saen os burgaleses coas vitorias diante do Rácing e o propio Albacete. 

A igualdade é máxima entre o 10º e o 16º posto. Só hai unha marxe de dous puntos entre esos sete equipos entre os que se atopa o Deportivo. Os bos resultados fóra da casa aliviaron a situación pero os coruñeses aínda se atopan en zona de perigo e teñen que sumar, cando menos, outros dez puntos para lograr unha permanencia que semella pode estar moi cara nesa última posición de descenso. O vindeiro compromiso do Dépor será en Castellón antes de afrontar dous partidos clave para o seu futuro recibindo o Cartaxena e visitando o campo do Rácing de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade