Cargando resultados...
Desestimado o recurso do Numancia por aliñación indebida do Pontevedra
O adestrador do Numancia considerou en rolda de prensa que "o Pontevedra ten que recibir un castigo exemplar"
G24.gal
21/03/2025 21:21
Na Segunda Federación finalmente foi desestimada a reclamación do Numancia por aliñación indebida do Pontevedra no encontro do mércores en Pasarón. Yelko Pino tampouco recibiu ningunha sanción. O futbolista do Pontevedra chegou a entrar no campo na última acción do encontro molestando un contragolpe do equipo soriano. Nin aliñación indebida nin castigo a Yelko Pino. Tanto o club como o adestrador do Numancia, Aitor Calle, non comparten esta decisión.