Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra volve perdoar como visitante e xogarase medio ascenso co Numancia

O Pontevedra volve perdoar como visitante e xogarase medio ascenso co Numancia

Estragou no campo do Avilés a posibilidade de coller catro puntos de diferenza á fronte da 2ª RFEF

G24.gal 16/03/2025 20:59

O Pontevedra deixou escapar outra gran oportunidade para abrir unha fenda de catro puntos co segundo clasificado, o Numancia. O seu gran rival polo ascenso empatara pola mañá pero o equipo de Yago Iglesias perdeu no campo do Real Avilés (1-0) nun partido que dominou por completo pero no que lle volveu a faltar o gol. 

Ese gol que sí tivo Javi Cueto case que no único achegamento asturiano en todo o partido. Polo demais intentouno de todos os xeitos pero fóra da casa non lle están a saír as cousas. É a terceira derrota lonxe de Pasarón nos últimos catro partidos nos que só colleitou un punto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar