Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Pontevedra castigado polo infortunio e polas decisións arbitrais (2-1)

Un Pontevedra castigado polo infortunio e polas decisións arbitrais (2-1)

O Raio Cantabria remontou o gol inicial de Iago Novo

No segundo tempo o equipo pontevedrés pediu un penalti, nunha xogada na que foi expulsado o central Pelayo

G24.gal 02/03/2025 14:28

O Pontevedra perde o primeiro posto da 2ªRFEF no campo do Raio Cantabria despois de mandar no partido durante noventa minutos e de conseguir facer o máis difícil, marcar primeiro. O gol de Iago Novo no minuto 30 era froito dos merecementos do equipo de Iago Iglesias. Só lle durou dous minutos a vantaxe. Foi o tempo que lle levou a Ángel Pérez marcar o gol do empate. Xusto antes do descanso o colexiado asubiou un penalti que fallou Dani González pero aproveitou o rexeitamento. 

No segundo tempo a xogada clave foi outro posible penalti na área do Raio Cantabria por mans. O árbitro non asubiou nada e na contra o central pontevedrés Pelayo recibiu o cartón vermello directo. Malia estaren con dez o Pontevedra tirouse ao ataque e xerou oportunidades dabondo para sacar polo menos un punto pero non tivo o seu día no remate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar