Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfon e a súa renovación: "Proposta non teño, pero estou tranquilo"

Alfon e a súa renovación: "Proposta non teño, pero estou tranquilo"

A súa campaña está a resultar notable, con 17 partidos de liga disputados nos que fixo dous goles e deu outras tantas asistencias

G24.gal 21/03/2025 12:44 Última actualización 21/03/2025 13:21

Alfon chegou ao filial céltico con 21 anos e ofreceu un gran rendemento, xogando tres tempadas, pero, entremedias, tivo unha dobre cesión ao Rácing de Santander e Murcia. Xa debutara co primeiro equipo o ano da súa chegada a Vigo, pero non foi ata esta tempada cando formou parte do primeiro equipo.

En maio fará 26 anos. Se cadra nese momento terá unha oferta para renovar que aínda non ten.

"Proposta non teño de momento, pero estou tranquilo, queda moita temporada, o importante é o equipo e lograr os obxectivos"

"Estou feliz, é o sitio onde saquei a miña mellor versión"

A súa campaña está a resultar notable, con 17 partidos de liga disputados nos que fixo dous goles e deu outras tantas asistencias, ademais de 3 partidos de Copa con 3 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade