Cargando resultados...
Rafa Sáez, exadestrador de Giráldez: "Este Celta obriga a soñar, e soñar é Europa"
Hai once temporadas que Rafa Sáez tivo ás súas ordes a Claudio no Coruxo
G24.gal
18/03/2025 15:07
Última actualización 18/03/2025 15:35
Hai once temporadas que Rafa Sáez tivo ás súas ordes a Claudio no Coruxo. O técnico pontevedrés recoñece que naquel intre era difícil prever que puidese facer carreira coma adestrador, pero si chamaba a súa atención.
"Á hora de adestrar era diferente. Amosaba interese polas tarefas, preocupado e desfrutaba co adestramento"
Claudio desfruta agora non só como adestrador senón tamén como impulsor dun proxecto de club. Fixo unha aposta que trouxo tamén un cambio de dinámica
"O Celta obriga a soñar, e soñar é Europa. A ilusión non pode faltar"
Rafa Sáez, como Claudio, tamén adestrou o Celta e o Celta Fortuna.