Óscar Mingueza, convocado pola Selección Española para disputar a Nations League
Luis de la Fuente incluíu o defensa celtista na lista dos 24 futbolistas para enfrontarse aos Países Baixos
Os cuartos de final da competición europea terán lugar os días 20 e 23 de marzo

Luis de la Fuente convocou a Óscar Mingueza para disputar os cuartos de final da Nations League contra os Países Baixos os días 20 e 23 de marzo. O defensa celtista repite, unha vez máis, na lista do seleccionador español, e está a ser un dos xogadores máis destacados do equipo galego. O canteirán azulgrana foi un dos goleadores, con Alfon, no último partido de liga contra o Leganés, e é o xogador con máis asistencias do equipo, cun total de cinco. Ademais, conseguiu anotar tres goles no que levamos de tempada.
Por outra banda, destacan na lista da selección a novidade do central madridista Raúl Asencio e ausencia de Isco, temón do Real Betis nos últimos encontros.
