O Celta recibe o Leganés cos postos europeos a cinco puntos
Williot Swedberg e Hugo Álvarez son baixa para xogar ante o equipo de Borja Jiménez
O Celta xoga mañá ás dúas da tarde ante o Leganés de Borja Jiménez. O conxunto celeste suma catro xornadas sen perder e está a só cinco puntos de Europa.
"Non miro cara a arriba nin abaixo, miro onde estamos. Quedan 12 partidos e temos que sumar puntos".
"Pensar doutra forma é equivocarnos".
Recoñece que Iago Aspas vai mellorando e cada vez xogará máis.
"Está adestrándose ben, imos da man. O obxectivo é que estea no campo o maior número de minutos Iago só hai un".
Non se amosou tan feliz polo premio a Fer López como mellor xogador de setembro.
"Encantado de que o recoñezan, paréceme pronto, non digo que non o mereza. Con calma".
Pola súa banda, o extremo Hugo Álvarez, cunha molestia residual no xeonllo esquerdo, e o internacional sub-21 Williot Swedberg son baixa no Celta para o partido de mañá, sábado, contra o Leganés en Balaídos. Hugo ten unha molestia residual no xeonllo que tiña mancada.
"Tivemos a precaución de paralo uns días, a ver se a semana que vén volve estar dispoñible. Non é nada importante nin é unha recaída, pero ten unha dor que lle impide certos golpeos”, explicou Claudio Giráldez.
O técnico celeste, ademais, avanzou que Swedberg non volverá xogar ata despois da parada por culpa da rotura fibrilar no bíceps femoral dereito sufrida en Montilivi.