Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de tres mil espectadores presencian o derbi feminino entre As Celtas e o Deportivo

Máis de tres mil espectadores presencian o derbi feminino entre As Celtas e o Deportivo

O encontro xogouse en Balaídos e gañou o cadro deportivista por 1-2 cun gol no engadido

G24.gal 09/03/2025 10:26

Balaídos acolleu máis de 3.000 espectadores para presenciar un partido da Terceira Federación do Fútbol feminino. Non era un partido calquera. Enfrontaba As Celtas e o Deportivo B. Gañou o equipo coruñés por 1-2 cun gol no engadido. Laura Otero marcou o primeiro para o Deportivo no 44. Empatou Nara Fernández de penalti para As Celtas ao pouco de comezar o segundo tempo e Marta Rico puxo o resultado definitivo. 

Deste xeito o filial do Deportivo (58 puntos) recupera a segunda posición da categoría e baixa As Celtas (56 puntos) á terceira praza. Os dous equipos galegos perseguen ao Olímpico de León, líder con 60 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade