Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Gilsanz: "Entrar no equipo está caro, todos fan méritos"

Óscar Gilsanz: "Entrar no equipo está caro, todos fan méritos"

O técnico do Deportivo di que ve "ben e tranquilo" a Yeremay

Foto Deportivo
G24.gal 06/03/2025 11:44 Última actualización 06/03/2025 11:50

Os que estaban apertan, os que chegaron necesitan tempo. Gilsanz dá a súa opinión sobre esta dualidade xusto antes de medirse ao Córdoba.

"Entrar no equipo está caro en xeral. Fan todos méritos. Aos poucos verase a outros futbolistas. Non é adaptación, é que os que andan xogando renden e están a bo nivel e elevan o rendemento e é máis difícil entrar", argumenta.

O bo rendemento do equipo eleva ao resto de futbolistas, mesmo aos máis destacados nos momentos menos brillantes, como é o caso de Yeremay.

"Véxoo tranquilo. É o primeiro ano profesional para el e para todos. Están a responder ben e, ademais, o colectivo vai a máis. Yeremay está a crecer e cada vez está mellor e máis tranquilo", conta.

A bancada sempre cumpre e un exemplo foi o que ocorreu en Oviedo, pero a Riazor tócalle pasar unha proba máis.

"Venres? Sempre me gusta xogar. Somos profesionais, pero o problema é para os afeccionados. Se gañamos, estará ben porque será unha fin de semana tranquila. A nosa afección sempre responde, sempre temos o apoio de Riazor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade