Diego Gómez, tras a renovación: "Defender a camiseta do Dépor é algo moi especial para min"
Diego Gómez asume que necesita ter “paciencia” para ir entrando aos poucos nos plans de Óscar Gilsanz
O atacante Diego Gómez, que renovou ata 2030, non escondeu este xoves a súa satisfacción por regresar ao Deportivo neste mercado invernal, a pesar de ser consciente de que no equipo branco e azul terá máis dificultades para ter continuidade no once porque “a esixencia é maior” que en Primeira Federación, onde xogou cedido a primeira volta do campionato co Arenteiro.
“É un orgullo poder defender a camiseta do Deportivo, é algo moi especial para min. Acórdome de todos os que me acompañaron no proceso, desde a miña avoa que me apoiou moito, ata os meus pais que veñen todas as fins de semana verme”, comentou en conferencia de prensa.
O atacante cre que regresa a Riazor sendo “máis maduro” porque o paso polo Carballiño lle permitiu crecer futbolisticamente.
“Funme cedido ao Arenteiro para coller confianza e nivel. O ano pasado case non xogara en Primeira Federación e este ano tiven moitos minutos, e agora nótoo, é evidente”, confesou.
Diego Gómez asume que necesita ter “paciencia” para ir entrando aos poucos nos plans de Óscar Gilsanz, con quen xa coincidira no equipo xuvenil do Dépor e despois no Fabril.
“Pídeme que me adestre, que siga mellorando, que ao final adestrarse é unha mellora persoal. É un proceso no que teño que ter paciencia, o meu único obxectivo é coller experiencia e crecer co equipo. Persoalmente estou moi tranquilo”, subliñou o canteirán.