Pablo Vázquez: "Cada man é distinta e cada unha débese interpretar dunha maneira"
O central deportivista incide en que o "obxectivo" segue a ser a permanencia
Pablo Vázquez foi un dos protagonistas do Deportivo-Huesca do pasado domingo en Riazor. O central marcou un gol que puido cambiar o encontro, pero Arcediano Monescillo e o VAR tiñan outros plans.
O xogador branco e azul fala da xogada polémica e de como ve ao equipo tras dous partidos que reduciron a vantaxe co descenso.
"É un aspecto bastante difícil as mans. Cada man é distinta e cada unha débese interpretar dunha maneira".
"Ninguén lle quere dar coa man..., pero o que está claro é que corta un centro que ía ao momento de penalti".
O central incide no obxectivo marcado a principio de temporada.
"O obxectivo era salvarnos a principio de tempada. Quen se saíse de aí era demasiado aventureiro".
"Vexo o equipo ben. Salvo un pouco en Elda o equipo estivo con boa nota nesta segunda volta, que era o que nos expuñamos tras a parada".
O Deportivo prepara o partido ante un Oviedo que aspira a liderar a categoría.