Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño derrota o Elda e métese nas semifinais da Copa da Raíña

O Porriño derrota o Elda e métese nas semifinais da Copa da Raíña

O equipo galego tivo que empregarse a fondo e conseguiu a vitoria por 27-25

G24.gal 14/03/2025 14:13

O Conservas Orbe Zendal Porriño é o primeiro semifinalista da Copa da Raíña de balonmán. Logrouno despois de derrotar o Elda por 27-25. Tiveron que empregarse a fondo as porriñesas diante dun adversario que estivo por diante no marcador durante moitos minutos, sobre todo no primeiro tempo. 

Foi unha primeira metade chea de alternativas. Comezou ben o Porriño (3-4) pero reaccionou o Elda que chegou a poñerse con dous goles de vantaxe (8-6). A entrada de Ana Palomino na portería mudou a dinámica do partido e o Porriño conseguiu un parcial de 0-4 que lle permitiu tomar a iniciativa ao descanso (11-13). 

No segundo tempo seguiu o partido igualado aínda que o Porriño non deixou que o Elda se puxese por diante en ningún intre. Manexou diferenzas de 2-3 goles e marchouse dun xeito definitivo a cinco minutos do final cun 21-25. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade