O Guardés e o Porriño soñan con alzar a Copa da Raíña
Os dous equipos galegos non se cruzarían na competición agás nunha hipotética final
Cita para o Mecalia Guardés e o Conservas Orbe Zendal Porriño na Copa da Raíña. Xógase desde mañá en Granollers. O Elda será o rival das porrriñesas, o equipo navarro do Beti Onak, que participa por primeira vez nesta final, vaise medir co cadro do Baixo Miño.
As guardesas, malia iren líderes sólidas na liga regular, con seis puntos de vantaxe, non se consideran favoritas. Pero iso non mingua as súas aspiracións de loitar polo título.
Cecilia Cacheda: "Partimos con máis confianza".
O seu primeiro rival será o Beti-Onak. Unhas horas antes estrearase, na Copa, o Porriño fronte ao Elda.
Sarai Sanmartín: "Pode gañar calquera".
Tres partidos para un título de Copa. Dous equipos galegos que soñan con alzalo. E quen sabe se incluso poden disputalo entre elas. Agás nunha hipotética final, o Porriño e o Guardés non se cruzarían na competición.