Publicador de contidos

Publicador de contidos

Darrun Hilliard sobre o derbi: "Vai ser divertido, será chave o control emocional"

Darrun Hilliard sobre o derbi: "Vai ser divertido, será chave o control emocional"

O Leyma-Breogán será un derbi con distintas necesidades

G24.gal 13/03/2025 16:22 Última actualización 13/03/2025 16:29

Asoma outro derbi galego na Liga Endesa cos seus protagonistas en escenarios ben distintos. Sobre os focos do Coliseum, un Leyma Coruña atascado no soto da clasificación e coas alarmas acesas, e un Río Breogán ao que Luis Casimiro trasladou dun marco moi sombrío a un horizonte idílico. 

O breoganista Darrun Hilliard chega a este debi nun gran momento de forma.

"Haberá moita xente, moitas emocións, vai ser divertido. Será chave o control emocional".

"É o noso deber manter esta boa enerxía actual no que queda de Liga".

Salvo imprevistos, no derbi do Coliseum actuarán cinco xogadores que non estiveron no choque do Pazo. Thomas Heurtel, Ángel Núñez e Karlis Silins serán as novidades nun Leyma Coruña ao que xa non pertence LJ Figueroa.

Máis presto estivo o Breogán no necesario cambio de cromos. Cubriu a baixa de Jordan Davis co croata Dominik Mavra, fichou a Dae Dae Grant para suplir o lesionado Charlie Moore, cambiou a Adam Somogyi por Arturs Kurucs e acertou con Boubacar Touré despois das apostas erradas de EJ Onu e John Egbunu para o xogo interior. Touré e Kurucs son os actuais membros do cadro de xogadores breoganista que non participaron no derbi da primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade