Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma paga en Manresa a súa febleza defensiva (104-89)

O Leyma paga en Manresa a súa febleza defensiva (104-89)

O equipo de Epifanio buscou o intercambio de golpes, pero cando fallou o ataque o equipo local marchou con claridade

No terceiro cuarto xa recibira 85 puntos

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 09/03/2025 14:51

O Leyma Coruña caeu con claridade, por 15 puntos, na pista do Manresa. Mal partido, sobre todo defensivo, dos xogadores de Diego Epifanio, como demostran os 85 puntos apañados xa ao remate do terceiro cuarto.

O Leyma só aguantou o ritmo ao principio. Despois xogou ao intercambio de golpes diante dun Manresa cun caudal ofensivo moi superior. Estreouse a última fichaxe, o letón Silins, que aportou 6 puntos. Heurtel foise ata os 19. O Leyma chegará ao derbi galego da próxima semana na última posición en solitario. Cameron Hunt, con 24 puntos anotados e un excelente 5/7 nas triplas, foi o xogador máis destacado do partido. 

104-Baxi Manresa (28+29+28+19): Pérez (-), Hunt (24), Jou (6), Alston Jr (21), Steinbergs (16) -cinco inicial-; Vescovi (3), Reyes (2), Sagnia (5), Saint-Supery (7), Obasohan (9) e Cate (11).

89 - Leyma Coruña (22+22+21+24): Taylor (13), Scrubb (9), Barrueta (11), Burjanadze (6), Huskic (6) -cinco inicial-; Jakovics (2), Diagne (6), Heurtel (19), Font (-), Silins (6) e Thompkins (11).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade